Salvemos Cabana presenta alegacións ao permiso da Xunta para buscar ouro nas comarcas coruñesas de Soneira, Xallas e Bergantiños
O expediente aprobado pola Administración galega na concesión
"Isabela II" presenta carencias significativas que a Consellería de
Economía e
Industria debería ter en conta antes de dar vía libre ao novo plan de
investigación mineira nos concellos de Zas, Vimianzo, Santa Comba e
Coristanco.
De entre unha ducia de factores cabe destacar que na documentación do permiso non se dan as coordenadas dos lugares onde se desenvolverán os labores nin se concreta se a empresa ten autorización para executalas, descoñecéndose igualmente o seu grao de afectación urbanística.
Ademais, no texto non se recolle como poden afectar a campaña de sondaxes ás augas subterráneas e acuíferos existentes na zona, nin se presenta ningún tipo de estudo hidroxeolóxico que descarten tales afectacións.
Na mesma liña, tampouco se fai referencia á posibilidade de verteduras tóxicas procedentes do engrase da maquinaria e outras sustancias químicas empregadas durante o proceso de perforación, sen considerar a Lei estatal 22/2011, de residuos e solos contaminados. Tampouco se establece ningunha medida preventiva nin se indica a caracterización química destes aditivos, a súa toxicidade e capacidade de difusión nin que se vai a facer cos lodos resultantes dos labores de sondaxe, que terían que derivarse obrigatoriamente a un xestor de residuos autorizado.
UN PLAN DE RESTAURACIÓN INCOMPLETO
Doutra banda, no plan de restauración proposto non se cumpren os requisitos esixidos polo Real Decreto 975/2009, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras, que impón que o plan de restauración debe incluír de maneira preceptiva, a "descrición detallada da contorna prevista para desenvolver os labores mineiros".
De feito, o artigo 12 desta norma estipula que terá que incluírse unha "descrición do medio físico", que inclúa "xeoloxía, hidroloxía e hidroxeología, edafoloxía, climatoloxía, vexetación, fauna, paisaxe e demais elementos que permitan definir o medio" e tamén unha "definición do medio socioeconómico da zona" que ha de indicar "aproveitamentos preexistentes, situación xeográfica, usos do solo, demografía, emprego, infraestruturas, espazos de interese histórico, arqueolóxico e paleontolóxico e puntos de interese".
A XUNTA NON DEBERÍA APROBAR O PROXECTO NESTAS CONDICIÓNS
Tendo en conta as significativas carencias da proposta, a Consellería de Economía e Industria non debería aprobar este proxecto de investigación tan á lixeira, porque o control público e a lexislación existente sobre o particular teñen por obxecto a prevención dos posibles efectos adversos das tarefas extractivas sobre a saúde humana e o medio ambiente. Cedendo a unha iniciativa a todas luces incompleta, a Administración da Xunta semella facer gala unha vez máis de actuar de xeito permisivo cara ao sector mineiro e as súas aspiracións, non en beneficio do ben común.
(15.2.2016)
Zona afectada polo permiso de investigación mineira "Isabela II" |