Se algo se desprende do escándalo desatado esta semana tras as graves
acusacións que se coñeceron a través dos medios de comunicación por parte da empresa canadense Edgewater
contra o Goberno autonómico de que existiron presuntos intentos de
suborno durante a tramitación do proxecto mineiro de Corcoesto, é que se impón a
necesidade dun modelo industrial cuxa sensatez permita que as tarefas
extractivas non poidan interferir en sectores produtivos básicos como a
agricultura ou a gandería, que forman parte da propia esencia de Galicia dende tempos inmemoriais.
Non se trata de estar en contra do sector mineiro. Hai que entender que a empresa canadense Edgewater, como calquera outra, pode defender uns intereses que considera lexítimos e respectables, pero se a Xunta de Galicia actuase de maneira responsable dende o principio aforraríase moita dor e sufrimimiento na Comarca de Bergantiños.
Aínda que indigne o que está a suceder, non se pode falar de corrupción porque non sería xusto e tampouco hai probas diso, pero o que parece estar claro é que quiza as cousas non se fixeron como deberían na parte administrativa. En definitiva, custa entender como a Xunta de Galicia puido aprobar unha declaración de impacto ambiental (DIA) con algunhas carencias que a priori parecen tan significativas.
UNHA LOITA DE CATRO ANOS DE DURACIÓN
En 2012, a Plataforma Salvemos Cabana opúxose á DIA aprobada pola Consellería de Medio Ambiente por considerala inviable ambiental e socialmente. Non se tiveron en conta as fundamentadas alegacións de especialistas e colectivos, que vían a actividade extractiva como non compatible coa protección do tecido produtivo e os valores naturais a conservar.
Preocupou dende o principio a posible afectación ao motor de emprego da Costa da Morte, que son as actividades tradicionais como a agricultura, a gandería, o marisqueo e pésca pero tamén a outras actividades coma o turismo, que cada vez teñen máis puxanza na comarca.
Estaba tamén a proximidade co río Anllóns, o seu estuario e a súa área de influencia, considerado un das mellores paisaxes de Galicia e unha xoia para conservar, protexida tamén a nivel europeo (códigos LIC ES1110015 e ES1110005) e a Zona de Especial Protección para as aves Costa da Morte (Código ZEPA ES0000176).
O maior risco, con todo, era a utilización de cianuro de sodio como reactivo, pois o proxecto pretendía utilizar 546 toneladas anuais deste composto de alta toxicidade. Os peores temores víronse referendados ao descubrir que o propio Parlamento Europeo aprobara en 2010 unha resolución para a súa prohibición, na que literalmente pedía á Comisión e aos estados membros non prestar apoio "de forma directa ou indirecta, a ningún proxecto na UE na que se empreguen tecnoloxías mineiras a base de cianuro ata que sexa aplicable a prohibición xeral, nin se apoien proxectos desas características en terceiros países" considerando que esta sustancia química altamente tóxica "está clasificada como un dos principais contaminantes e pode ter un impacto catastrófico e irreversible na saúde humana e o medio ambiente e, polo tanto, na diversidade biolóxica". Desde logo, xa non cabía lugar a dúbidas do perigo que entrañan este tipo de proxectos mineiros.
As sospeitas confirmáronse cando unha mina asturiana que foi elixida de "modelo" para mostrar as bondades da minería do ouro a un grupo de veciños e veciñas de Bergantiños, a de Belmonte de Miranda, recibiu en 2014 senllas sancións de 84.000 e 242.920 euros por parte da Confederación Hidrográfica do Cantábrico por diversas verteduras tóxicas de selenio, arsénico, cianuro, fluoruros, zinc, níquel e cobre, provocando un grave problema ambiental na conca do río Narcea.
Tendo en conta todos estes factores, sen dúbida a Administración galega tomou a decisión acertada ao cancelar o proxecto de Corcoesto pero non é comprensible como, coa problemática asociada a este tipo de proxectos puido aprobar a DIA, que facilitaba enormemente os plans da empresa. Agora, é a propia Galicia quen ten que enfrontar as consecuencias dunha actuación que se demostrou finalmente tan pouco acertada. Por iso supón, sen dúbida, unha lección que a Xunta debe ter en conta para o futuro e algo para non repetir.
( 21.4.2016)
Zona afectada polo proxecto mineiro de Corcoesto |