Saltar ao contido principal

Os números do proxecto mineiro de Corcoesto

Ante as evidencias sobran comentarios:

-Tempo real de explotación: 8,1 anos.

-Consumo anual de cianuro de sodio: 546.000 kg.

-Consumo anual de sosa cáustica: 798.000 kg.

-Consumo anual de ácido clorhídrico: 357.000 kg.

-Volume da balsa de lamas de residuos de flotación: 10,8 millóns de m³.

-Produción anual de residuos de flotación: 2.000.000 de toneladas.

-Volume da balsa de lamas de residuos de lixiviación (cianuración): 340.000 m³.

-Produción anual de residuos de lixiviación: 100.000 toneladas.

-Produción total de residuos: 17.080.751 toneladas.

-Dimensións da entulleira norte: 335.961 m².

-Dimensións da entulleira sur: 1.879.735 m².

-Volume total de estériles de mina: 122.188.570 toneladas.

-Consumo anual de auga do proxecto: 1.500.000 m³, dos cales non se devolverán ao medio 310.000 m³, provocando unha diminución do caudal en mananciais e ríos.

-Desvío do río Lourido nun tramo de 2.730 metros.

-Megadetonacións semanais: 5, poñendo en suspensión enormes cantidades de po rico en arsénico e elementos químicos do explosivo.

-Número de empregos: 271 (138 directos e 133 a través de subcontratas), dos que non se especifica a duración, que podería ser mesmo de meses nalgúns casos.

-A empresa non contratou un seguro de responsabilidade civil que cubra economicamente e de xeito integral un accidente a grande escala.

Preguntámonos, que prezo ten a vida das persoas e un ámbito san para vivir? Vale a pena arruinar unha comarca para sempre por dez anos de traballo en precario? Nós estamos convencidos que NON. Porque hai outras opcións. Porque o futuro de Cabana está na protección, difusión e aproveitamento da súa exuberante riqueza natural.

Voltar á páxina de inicio